Mestra de Educación Primaria, traballo como editora de literatura infantil ao tempo que curso o doutoramento en Equidade e Innovación Educativa, vencellado coa LIX.
Formada tamén en Enxeñaría Agrícola e Topografía, aprendín a cartografar mapas que agora me levan a tesouros perdidos.
Imparto formacións ao profesorado, familias e crianzas e colaborei con editoras como asesora e elaborando material didáctico.
Tamén divulgo sobre literatura infantil na miña conta de Instagram @libros_e_libros e participo en charlas e diversos proxectos relacionados coa divulgación e posta en valor da LIX.
«A Banda da Albóndega e o segredo afundido de Areleira», Premio Merlín de Literatura Infantil 2026, é a miña primeira obra publicada.
